Que é TURESPAZO?
TURESPAZO é a porta de entrada para empresas e profesionais na plataforma Smart Turismo. É a extranet sectorial ou rede privada que se establece entre o sector turístico e a Administración turística de Galicia, a través de Internet.
TURESPAZO vai dirixido principalmente ás persoas empresarias e profesionais do turismo de Galicia. Nel poderá acceder, previa identificación, aos datos que a Administración ten sobre os seus establecementos ou empresas, tanto aqueles oficiais (administrativos) coma os promocionais. Ademais de consultalos poderá modificalos, vía Sede electrónica, cando se trate de información oficial, ou directamente cando se trate de información con fins promocionais. Estes últimos están relacionados coa información que da empresa se publica na rede de portais promocionais de Turismo de Galicia.
Igualmente, a través de TURESPAZO, a persoa usuaria poderá publicar ofertas e promocións relacionadas coa súa actividade e que poderán ser consultadas a través dos portais e aplicacións para móbiles de Turismo de Galicia.
A extranet de Smart Turismo,TURESPAZO, marca un punto de inflexión na relación sector-Administración. Por primeira vez, e de xeito descentralizado, cada profesional terá información personalizada, poderá contribuír actualizando a súa información ou terá a posibilidade de empregala como soporte de difusión de ofertas e promocións. Todo isto empregando a canle dixital, evitando xa que logo, desprazamentos requiridos ata o de agora para realizar un trámite ou xestión.
- Descárguese o manual de usuario de TURESPAZO, facendo clic aquí