Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal en internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet. En concreto regula o Portal: turespazo.turismo.gal, que a Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, (en diante, "Aturga") pon ao dispor das empresas ou profesionais rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (en diante " Reat”) que accedan ao mesmo (en diante, os "Usuario(s)").

A Xunta de Galicia é a titular do Portal “turespazo.turismo. gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

Aturga, con CIF Q1500394-J, ten a súa sede na Estrada Santiago-Noia Km. 3, s/n, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña). Se desexa contactar con Aturga en relación ao Sitio web pode facelo a través da dirección postal indicada ou á dirección de correo electrónico: turespazo.turismo@xunta.gal.

O obxecto deste Portal é proporcionarlle aos Usuarios acceso á información que a administración turística pon á súa disposición, permitíndolles o seu cambio se a información é promocional (estes cambios serán revisados pola administración antes da súa aceptación) e facilitándolle o acceso á sede electrónica da Xunta cando a información para cambiar estea sometida a un procedemento administrativo.

Os Usuarios que sexan axencias de viaxes poderán crear plans e o resto de Usuarios poderán crear ofertas.

Os plans que poidan engadir as axencias de viaxe no Portal, terán que estar clasificados segundo a política turística definida.

O contido das ofertas só abarcará o ámbito de actividade propio da empresa e nunca deberán entrar na categoría de viaxe combinado, exclusivo das axencias de viaxes.

Aturga non se fai responsable das ofertas e plans que os Usuarios publiquen. Os Usuarios son os responsables do cumprimento das obrigacións para cos seus clientes, comprometéndose a cumprir a legalidade vixente pola que estean afectados. En calquera caso, os Usuarios comprométense a que a información que proporcionen a través do Portal non vulnere o respecto á dignidade da persoa, non sexan discriminatoria, xenófoba, racista, pornográfica, atenche contra: a mocidade ou a infancia, opción sexual, relixión, opinión, discapacidade, a orde e a seguridade pública ou calquera outra circunstancia persoal ou social, de acordo co que establece a Constitución española e demais normativa específica sobre a materia.

Aturga resérvase o dereito de non publicar a información que ao seu xuízo non cumpra as condicións descritas ou uns criterios mínimos de calidade en canto a redacción, ortografía ou contido.

Os Usuarios están obrigados a respectar os dereitos de propiedade intelectual, industrial e de autor, sobre os contidos que faciliten a través do Portal. Os Usuarios asumirán a responsabilidade das reclamacións de terceiros polo incumprimento destes dereitos.

En xeral os Usuarios deberán cubrir a información, susceptible de tradución, en galego e castelán, sendo opcionais outros idiomas.

A prestación do servizo do Portal ten unha duración limitada ao momento en que os Usuarios se atopen conectados ao Portal. Por tanto, os Usuarios deben aceptar o presente Aviso Legal, en cada unha das ocasións nas que se produza algún cambio no mesmo.

Algúns servizos do Sitio web accesibles para os Usuarios poden estar sometidos a condicións particulares e instrucións que, no seu caso, substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal, e que deberán ser aceptadas polos Usuarios antes de realizarse a prestación do servizo correspondente.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o Usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.


Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do Usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos Usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google. Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics. Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, presione aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Descripción de las cookies
Este portal emplea las siguientes cookies:

Tipo de cookie Cookie Finalidade Política
De terceiros (Queue-it) Queue-it Empregase para distinguir usuarios Queue-it - Protección de datos
De terceiros (Queue-it) QueueITAccepted-*-V3_turespazo Control da cola virtual Queue-it - Protección de datos
Propia JSESSIONID Mantén a sesión de usuarios na platafoma Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia ID Mantén/Almacena a sesión do usuario Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia USER_UUID Mantén/Almacena a sesión do usuario Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia COOKIE_SUPPORT Rexistra si o navegador ten habilitadas as cookies Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia GUEST_LANGUAGE_ID Rexistra as preferencias de idioma do usuario Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia LFR_SESSION_STATE_* Xestiona a sesión do usuario na plataforma Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia COMPANY_ID Rexistra o identificador de grupo dentro da plataforma Xunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Google) __utmb Úsase para determinar as sesións ou visitas novas Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utmc Para a interoperabilidade entre aplicacións Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utma Úsase para distinguir usuarios e sesións. Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utmz Almacena datos estatísticos do usuario Google Analytics - Protección de datos

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado.

En cumprimento do disposto no citado Regulamento o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.

As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais (https://www.xunta.gal/informacion-xeneral- proteccion-datos).

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.