Como solicito o acceso?
TURESPAZO está accesible a todos os usuarios a través da URL http://turespazo.turismo.gal ou mediante os accesos directos habilitados nos portais de Turismo de Galicia.
Un profesional pode acceder aos seus recursos dándose de alta en TURESPAZO mediante a creación dun novo usuario na pantalla de inicio. Nel incorporará os datos solicitados, sendo obrigatorio informar do NIF do titular e Signatura dalgún dos establecementos dos que sexa propietario/a.
Unha vez cumprimentado e enviado, recibirá un correo electrónico na súa conta, confirmándolle a alta e cun contrasinal coa que poder autenticarse por primeira vez. Unha vez autenticado poderá cambiala por calquera outra que só sexa coñecida por vostede.
- Descárguese o manual de usuario de TURESPAZO, facendo clic aquí